InicioOccidentalCervoCervo celebrará o 8 de abril a Gran Festa das Xeracións organizada...

Cervo celebrará o 8 de abril a Gran Festa das Xeracións organizada por A Fume de Carozo

"A cita está aberta a toda a poboación da Mariña”, sinalan desde a organización.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 8 de abril a Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo, creado a principios deste ano, coa colaboración do Concello de Cervo. A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Alejandra.

A Fume de Carozo creouse como club en xaneiro deste ano, formado por un grupo de amigos aos que os une a paixón polo deporte ao aire libre, co obxectivo de “desfrutar xuntos da natureza pero tamén de compartir experiencia e pasar bos anacos entre amigos”, precisan. Así xurdiu esta Festa das Xeracións -apuntan-, como un complemento ás xuntanzas deportivas “coa intención de realizar unha xornada de convivencia e de reencontros entre persoas da mesma xeración, ou mesmo para forxar novas amizades, porque a cita está aberta a toda a poboación da Mariña”, apuntan.

Ese día está previsto un xantar preparado por Seiramar a base de empanada, lagostinos, carrilleiras asadas, sobremesa, bebida, café e chupito; organizado, a priori, por xeracións, en función do ano de nacemento das persoas inscritas. Haberá moita música, sorteos e moitas sorpresas durante a xornada.

As persoas interesadas teñen ata este venres para anotarse facendo unha transferencia de 35 euros ao número de conta ES8120800160463040012494, enviando o xustificante de pago por whatsapp ao número 634 36 82 94 (que xa non admite máis ingresos por bizum, ao superar o número máximo permitido nun mes por esta plataforma).

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...