InicioOccidentalCervoCervo abre unha pista ecuestre xunto ás instalacións deportivas da Bidueira

Cervo abre unha pista ecuestre xunto ás instalacións deportivas da Bidueira

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata a zona para comprobar in situ o resultado da actuación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de rematar os traballos de creación da pista ecuestre nas inmediacións das instalacións deportivas da Bidueira.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata a zona para comprobar in situ o resultado da actuación acompañados por un grupo de mozos do municipio afeccionados ao mundo cabalar “porque esta iniciativa naceu da comunicación con eles, xa que hai unha gran tradición en Cervo”, precisou Villares quen engadiu que así, “tamén conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello”.

A realización desta pista, que supuxo un orzamento de máis de 40.000 euros procedentes de fondos municipais, é xa unha realidade grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cede os terreos para a súa construción e o Concello aporta a financiación pertinente.

Con este novo proxecto búscase retomar a actividade nas instalacións da Bidueira, antigo campo de fútbol da S.D. Cervo -Sargadelos que quedaron abandonadas. Coa creación desta pista ao seu carón, podería ser sede de campionatos e diferentes tipos de encontros cabalares.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...