InicioOccidentalCervoCervo anuncia que remata a lexislatura con "débeda cero", a primeira vez...

Cervo anuncia que remata a lexislatura con “débeda cero”, a primeira vez en 35 anos

Segundo o alcalde, Alfonso Villares, isto foi posible "apoiándonos nunha xestión financeira rigorosa baseada, en todo momento, nos principios da eficiencia e da eficacia na xestión do gasto público”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo remata esta lexislatura “libre de hipotecas” por primeira vez en máis de 35 anos “xa que no orzamento do ano 1988 xa constaban operacións de crédito”.

Así o sinalou o rexedor, Alfonso Villares, que explicou que no último pleno ordinario que celebraremos a mediados de abril, aprobaremos unha modificación orzamentaria para amortizar o total dun préstamo libre de xuros que tiñamos contraído co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)”, “polo que deixamos unhas arcas municipais 100% saneadas para as corporacións que veñan”.

O rexedor precisou que estamos a falar dunha boísima noticia, logo de varias décadas “coas contas públicas en certo modo condicionadas por estes préstamos do pasado”; foi un traballo de rigor e eficiencia económica de moitos anos, que nos foi permitindo diminuír a débeda de xeito considerable desde os 3,7 millóns de euros do ano 1999 ata a súa eliminación total neste ano 2023.

Neste sentido, o rexedor quixo puntualizar que os préstamos se foron amortizando pouco a pouco, “decidimos facelo así para non comprometer os orzamentos municipais, que destinamos a manter uns servizos públicos de calidade, algo que para nós é fundamental, e a materializar proxectos moi importantes para Cervo nestes anos”.

Sempre -engadiu Villares- “apoiándonos nunha xestión financeira rigorosa baseada, en todo momento, nos principios da eficiencia e da eficacia na xestión do gasto público”

Villares apuntou que desde este equipo de goberno somos moi conscientes de que unha boa xestión das arcas públicas é clave para poder levar a cabo investimentos e proxectos que consideramos fundamentais para o municipio e que podemos materializar e proxectar grazas a esta disciplina financeira, reiterou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...