InicioOccidentalCervoO PSdeG de Cervo denuncia que só hai dous médicos para máis...

O PSdeG de Cervo denuncia que só hai dous médicos para máis de 4.200 veciños

A candidata socialista á Alcaldía do PSdeG en Cervo, Luján Ramos, explicou que o centro de saúde de San Cibrao tiña 3 médicos, “pero debido as xubilacións, baixas e vacacións, chegou a ter só un".

Publicada o

- Advertisement -

A candidata socialista á Alcaldía do PSdeG en Cervo, Luján Ramos, denunciou hoxe a precarización e os recortes sanitarios que padecen os veciños do municipio. Lembrou que no centro de saúde de San Cibrao “recortaron no ano 2013 un dos tres facultativos que lle corresponde e, a día de hoxe, aínda non o recuperou. Unha situación crítica que está afectando gravemente á veciñanza”.

“Non podemos consentir esta situación. Os veciños de Cervo non merecemos este trato e demandamos que remate esta práctica de parcheo. Por iso, emprazamos ao Concello de Cervo a que inste á Consellería de Sanidade para que cubra a totalidade do cadro de persoal dos dous centros de saúde”, incidiu.

Estas últimas semanas, no centro de saúde de Cervo “só hai un médico a media xornada, xa que falta a partir de mediodía, e as citas que están reprogramando son para 4 a 8 días despois ou, directamente, non se avisa ós doentes e encóntranse coa cita anulada e sen nova cita asignada. A todo isto hai que engadir que os facultativos que están prestando o servizo veñen dos PAC (Burela ou Viveiro) e non coñecen a situación dos doentes, sendo aínda máis dificultosa a diagnose dos usuarios”.

Luján Ramos explicou que o centro de saúde de San Cibrao tiña 3 médicos, “pero debido as xubilacións, baixas e vacacións, chegou a ter só un. Polo tanto, entre os dous centros de saúde de Cervo só había dous médicos, cando tiña que haber 1 en Cervo, e 3 San Cibrao. Estas son as contas do PP: deixar sen médico dous días á semana ó centro de saúde Cervo para trasladalo a dar consulta a San Cibrao”.

Esta é a xestión sanitaria do PP nun concello de máis de 4.200 veciños, onde actualmente só hai dous médicos e medio. Ademais, toda esta situación agrávase coa chegada do verán, xa que a poboación increméntase e a atención sanitaria aínda é máis deficiente”, dixo Luján Ramos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...