InicioOccidentalCervoO conxunto histórico de Sargadelos xa ten cobertura de Internet coa antena...

O conxunto histórico de Sargadelos xa ten cobertura de Internet coa antena no monte da Escarabelada

O Concello de Cervo leva moito tempo traballando e barallando todo tipo de alternativas para poder despregar internet no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos.

Publicada o

- Advertisement -

Ao abeiro dun convenio entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e os concellos para o despregue de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados

O Concello de Cervo leva moito tempo traballando e barallando todo tipo de alternativas para poder despregar internet no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha zona do noso municipio que sofre aínda as consecuencias da fenda dixital ao carecer de cobertura.

Neste senso, estes días xa quedou instalada a torreta no monte municipal da Escarabelada, que alimentará a empresa Vodafone que resultou a adxudicataria da subvención posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp e os Concellos, para despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo, como é o caso da parroquia de Sargadelos, que se verá beneficiada deste convenio.

Con esta actuación melloraranse as redes de telecomunicacións nesta contorna para favorecer e facilitar a actividade no Centro de Emprendemento e Artesanía que alberga diferentes negocios para os que a conectividade resulta importante no día a día.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...