InicioOccidentalCervoCervo acollera a sía VII Foliada o 6 de maio con diversas...

Cervo acollera a sía VII Foliada o 6 de maio con diversas actividades

Durante a xornada haberá feira de produtos artesáns e de alimentación, demostracións de oficios, sorteos e queimada.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 6 de maio a ACR Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e Marmeladas A Morena organizan a sétima edición da Foliada de Cervo. Durante toda a xornada haberá diversas actividades relacionadas coa tradición galega. Ás 10h dará inicio o obradoiro de construción de pandeiretas, que será impartido polo artesán Sanín. As inscricións estarán abertas até o 2 de maio e poden realizarse en fervenzadesargadelos@gmail.com.

A partir das 12h varios grupos animarán os bares de Cervo, os cales repartirán tapas, e ás 14h que dará comezo a sesión vermú a cargo de Tumba e Dálle. Pola tarde continúan as actividades con xogos populares e co obradoiro de baile. Ás 18h 30 dará comezo o serán, no que actuarán grupos de toda a Mariña e de Lugo, e ás 22h 30 Tiruleque pechará as actuacións. Durante a xornada haberá feira de produtos artesáns e de alimentación, demostracións de oficios, sorteos e queimada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...