InicioOccidentalCervoCervo acollerá a I Regata da Copa Deputación de Piragüismo

Cervo acollerá a I Regata da Copa Deputación de Piragüismo

O edil de Deportes, David Rodríguez, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, responsable de piragüismo, Iván González, e o adestrador, Alejandro Gómez, presentaron a proba.

Publicada o

- Advertisement -

O Encoro de Río Cobo acollerá este próximo sábado, 29 de abril, a primeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo.

O edil de Deportes, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, xunto ao responsable da sección de piragüismo, Iván González, e o adestrador, Alejandro Gómez, presentaron a proba, no propio escenario onde se desenvolverá esta competición que marcará o inicio da Copa, e que arrincará ás 10:00 horas.

Na proba daranse cita, en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban; ademais do Club de Piragüismo Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. Ao remate da competición, o club anfitrión como novidade organizou unha regata amigable nas categorías sénior e veteranos.

O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1; e especialmente aos representantes do Club Local; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...