InicioOccidentalCervoO centro de día de Cervo contará cun novo ascensor

O centro de día de Cervo contará cun novo ascensor

Supón un orzamento que supera os 162.000 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vai instalar un ascensor adicional no Centro de Día Residencia que mellorará a accesibilidade deste edificio municipal e tamén o día a día das persoas usuarias e do persoal que traballa no centro, con capacidade para 54 persoas internas e 25 usuarios para o centro de día.

Tal e como se recolle no proxecto que foi redactado en agosto do ano pasado, o novo ascensor eléctrico –cuxa instalación non é obrigatoria pero si que é necesaria- estará situado no exterior, no centro da fachada leste do edificio; ao final do corredor dos pisos superiores, destinados a residencia, afectando o menos posible á distribución interna do edificio.

Este elevador, supón un orzamento que supera os 162.000 euros procedentes do remanente de tesourería das arcas municipais, e está previsto que se execute con carácter inminente, agora que xa foi aprobada a liquidación do orzamento, trámite necesario para poder acceder ao remanente de tesourería.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...