InicioOccidentalCervoCervo fai un investimento de 150.000 euros para mellorar vías de comunicación...

Cervo fai un investimento de 150.000 euros para mellorar vías de comunicación en Rúa

A tenente alcalde e a edil de obras supervisaron as actuacións executadas nos lugares de A Carballa, Pereiro e Randea.

Publicada o

- Advertisement -

A tenente-alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata Rúa, para supervisar a actuación de mellora e acondicionamento de diferentes vías de comunicación na parroquia de Rúa, que se está a acometer estes días.

Tal e como explicaron, a actuación abrangue unha superficie de preto de 5000 metros cadrados, e afecta aos camiños situados nos lugares da Carballa, Pereiro e Randea, cun investimento total de 150.000 euros procedentes todos eles das arcas municipais.

A obra supón un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis adecuadas ás características do tráfico rodado que soportan estas vías; co obxectivo tamén de facilitar a accesibilidade ás parcelas agrícolas e ás vivendas da zona.

Desde o Concello explicaron que “con esta nova actuación tratamos de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...