Mostra pictórica en Cervo da artista Laura Doldán

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron na apertura de portas desta mostra que se complementa con varias sesións de arte en vivo.


A sala da exposicións da Casa da Cultura acolle ata o 16 de xuño, unha mostra da artista Laura Doldán (Lume da Luma), composta por unha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Ciprián e a súa conexión mariñeira.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron na apertura de portas desta mostra que se complementa con varias sesións de arte en vivo.

Nesta primeira experiencia en directo a artista deseñou un paraugas inspirado, entre outros motivos, na figura da Maruxaina.

O vindeiro 28 de maio e o 11 de xuño, volverá haber exhibicións en directo a cargo de Laura Doldán.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here