InicioOccidentalCervoRenovada toda a sinalética do Concello de Cervo

Renovada toda a sinalética do Concello de Cervo

Todos os elementos orientativos -736 concretamente- están construídos con materiais altamente resistentes aos axentes meteorolóxicos, de alta calidade de forma que garantan a súa durabilidade.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo está a renovar estes días a sinalización de todo o termo municipal que afecta ao conxunto dos núcleos de poboación e aos diferentes indicativos direccionais do concello.

Tal e como informou o rexedor, Alfonso Villares, o orzamento supera os 70.000 euros (74.838,50 euros concretamente) todos eles fondos das arcas municipais procedentes do remanente de tesourería, e inclúe a fabricación, o subministro, e a montaxe da sinalización direccional e das placas cos nomes dos diferentes núcleos de poboación, incluíndo a retirada e o relevo dos elementos antigos.

Tal e como apunta Villares, con esta iniciativa o que pretendemos é homoxeneizar a imaxe do concello, reforzando a identidade de Cervo, e tamén é un reforzo a nivel turístico, porque cada recuncho quedará perfectamente identificado.

Todos os elementos orientativos -736 concretamente- están construídos con materiais altamente resistentes aos axentes meteorolóxicos, de alta calidade de forma que garantan a súa durabilidade e faciliten o seu posterior mantemento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...