A nova alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, tomou posesión do seu cargo este pasado 17 de xuño nun acto na casa consistorial cervense. No seu discurso tivo palabras de agradecemento para familiares, amigos e, por suposto, para o ex-rexedor, Alfonso Villares, novo conselleiro de Mar no executivo autonómico de Alfonso Rueda.
“Cervo vai estar representado na Xunta de Galicia polo mellor capitán que puido ter este concello en todos estes anos” dixo García Caramés en referencia a Villares.
“Este equipo de goberno promete traballo, traballo e máis traballo para Cervo e cun programa ilusionante e que prometemos cumprir en agradecemento ao pobo deste concello” declarou a nova alcaldesa.