Este martes o residente da Xunta, Alfonso Rueda, e do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitaron o Concelloo de Cervo. Ambos os dous puideron ver o traballo que se desenvolve en Stolt See Farm, a piscifactoría situada no Polígono de Cuíña.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo agradecer o apoio da Xunta para o impulso industrial do municipio e tamén á compañía, líder no cultivo de linguado e rodaballo.
Caramés quixo tender a man do Concello de Cervo á multinacional nesta nova etapa na que “a seguiremos apoiando en todo o que estea na nosa man para que esta empresa siga xerando riqueza e emprego no noso municipio e en toda a comarca, a través dunha acuicultura sostible e respectuosa co Medio”