InicioOccidentalCervoXornada de exhibición e adestramento canino en Cervo

Xornada de exhibición e adestramento canino en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O club de Trail a Fume de Carozo, coa colaboración do centro de adestramento canino Yukon e do Concello de Cervo, organizaou unha xornada de exhibición y adestramento canino, na Praza dos Campos, en San Ciprián.

Desde Yukon explican que o obxectivo da súa actividade pasa por restaurar condutas non desexadas nos animais inseguros, con problemas de ansiedade, naqueles cans que poden ter condutas máis agresivas…etc, interpretando o seu estado de ánimo e corrixindo e modificando pouco a pouco eses comportamentos a través de terapias adaptadas ás necesidades dos clientes.

A Fume de Carozo é un club de San Cibrao de recente creación, focalizado na temática deportiva pero que programa tamén actividades complementarias como esta xornada de adestramento canino ou outras actividades sociais, para contribuír a dinamizar o Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...