InicioDeportesRicardo Vera: "Esta competición é un paso para que a xente coñeza...

Ricardo Vera: “Esta competición é un paso para que a xente coñeza o pentatlón moderno”

Ricardo Vera é un dos integrantes da organización do Campionato de España de Biathle-Triathle que se celebra esta fin de semana en San Cibrao. Os gañadores senior de Triathle poderán participar directamente nos Xogos do Mediterráneo. En tal caso, esta é unha oportunidade que moitos e moitas agradecerán para adentrarse nunha disciplina deportiva novedosa para a maioría.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal é a histora deste campionato e as probas que máis destacarías del?

Esta competición nace como unha variante dentro do pentatlón moderno para popularizar este deporte. Esta é unha proba máis popular onde se pode inscribir máis xente logo de quitar a esgrima e a equitación, así faise máis doada para máis xente para que despois coñezan o pentatlón moderno. Destacaría a parte de tiro, as probas máis comúns son nadar e correr, mais o tiro láser é un aspecto que pode determinar moito o resultado da competición porque esixe outro tipo de habilidades aos deportistas.

-A maioría dos e das participantes son afeccionados ou son persoas que xa teñen un percorrido máis longo dentro desta disciplina?

Hai participantes que veñen doutras modalidades como as que inclúen piscina. Outros participantes veñen do triatlón e son persoas máis afeitas ao mar, mais non están adestrados para o tiro láser.

-Que cualidades debe reunir unha persoa para practicar este deporte?

Neste deporte, como en calquera outro, é necesaria a constancia. A constancia é un plus para ter en conta porque non é o mesmo adestrar durante dúas semanas, un mes ou un ano. Ter a constancia e obxectivos claros pode darche os resultados que buscas.

-Dentro de Galicia hai centros para preparar atletas para este tipo de competicións?

En Lugo temos o Club de Tordesillas e o Club de Lugo. Aí poden entrar persoas desde os sete anos até a idade que se necesite. Alguén que xa corra ou nade pode entrar en disciplinas como tiro láser, esgrima ou obstáculos, que é unha das disciplinas dentro do pentatlón moderno.

-O campionato que se celebra esta fin de semana en Cervo foi difícil de organizar?

Por parte do Concello de Cervo houbo moitas facilidades para a montaxe e o traballo de organización.

-Cantos atletas asistirán a este campionato?

Están previstos cen atletas.

-Superado este Campionato, puntuará para participar noutras competicións?

Os gañadores senior dentro da proba Triathle teñen clasificación directa para os xogos do Mediterráneo, tanto en masculino como feminino.

-Que reunía Cervo para organizar este campionato de España?

É realmente sinxelo de dicir, ter un lugar onde poder meterte no mar, un espazo para poder correr e un espazo onde colocar as dianas, que pode ser un rectángulo 18 metros por 10 metros. Logo tirarse ao mar e despois correr 700 ou 800 metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...