InicioOccidentalCervoA parroquia cervense de Lieiro celebrará as Festas de Santa Isabel esta...

A parroquia cervense de Lieiro celebrará as Festas de Santa Isabel esta fin de semana

Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a sumarse a esta gran festa, que se retoma agora desde a pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Santa Isabel de Lieiro, celebrará esta fin de semana, desde o venres 30 de xuño, ata o luns 3 de xullo, as Festas na Honra da Santa Isabel.

A tradicional cita, que abre o calendario festivo de verán en Cervo, foi presentada este mediodía, pola rexedora, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández, a edil Mali Méndez, e por varios dos membros da organización.

O programa arrincará o venres, 30 de xuño, ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Conxuro discomóvil, Yo Lataba en EGB e os Dj Frisco Marcos Peón.

O sábado, 1 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruadaa cargo do grupo Mistura de LieiroÁs 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermúa cargo da orquestra La Favorita.
Chegada a noite, as orquestras La Favorita e Panorama amenizarán a verbena desde as 22.30 horas.

O domingo, 2 de xullo, a misa solemne está prevista para as 13.00 horas, na capela do Guioncho, e ao termo do acto será o grupo A Roda, o que amenizará a sesión vermú.

Entrada a noite, as orquestras Saudade e  El Combo Dominicano porán a nota musical desde as 22.30 horas.

O luns, 3 de xullo, último día da festa, o grupo Mistura de Lieiro actuará ás 19:00 horas, seguido da popular sardiñada, que comezará ás 20:00 horas. Chegada a noite Tania Veiras e a orquestra Galilea amenizarán a verbena desde as 21.30 horas.

Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a sumarse a esta gran festa, que se retoma agora desde a pandemia, e que tal e como apuntou a rexedora “é unha cita moi marcada no noso calendario que ano tras ano congrega a centos de visitantes animados por un ambiente excepcional e pola mellor animación musical posible”; Caramés tamén quixo darlle os parabéns á organización “polo gran cartel previsto e polo esforzo de recuperar tras a pandemia, esta cita tan importante para Cervo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...