InicioOccidentalCervoO IV Toreno Concello de Cervo de Tenis de Mesa celebrarase este...

O IV Toreno Concello de Cervo de Tenis de Mesa celebrarase este sábado no pavillón da Veiga

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Cibrao, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.

Publicada o

- Advertisement -

Na cita, organizada polo Club Deportivo San Cibrao en colaboración coa Administración local, está prevista a participación dunha trintena de xogadores procedentes de diferentes clubs galegos e asturianos

A competición comezará ás 10:00 horas e desenvolverase durante toda a xornada; haberá trofeos para os catro primeiros clasificados

O Pavillón da Veiga, en San Cibrao, será o escenario este sábado, 8 de xullo, do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Cibrao en colaboración coa Administración local.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Cibrao, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.

A competición contará cunha trintena de participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia e Asturias. Está previsto que comece ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do sábado. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.

A sección de tenis de mesa do C.D. San Cibrao comezou a participar en torneos no ano 1993, logo dun longo parón, retomaron a competición no ano 2018; chegando a acadar o ascenso a Terceira Nacional a pasada tempada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...