- Advertisement -
Desde este luns podemos desfrutar dunha nova exposición na Casa da Cultura.
Unha mostra colectiva de Abraham Moreno, Raquel Arias, Daniel San Miguel e Juan Manuel Regadera, todos eles estudantes de Belas Artes, que comparten con todos nós o seu talento.
𝙉𝙤𝙩 𝘼𝙘𝙘𝙖𝙙𝙚𝙢𝙞𝙘 é o título da súa obra conxunta composta por pezas de carácter visual e plástico cunha habilidade técnica que non podes deixar de apreciar, nas súas diferentes modalidades (debuxo, deseño, pintura, fotografía…).
Poderase visitar durante todo o mes de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas