InicioOccidentalCervoA primeira fin de semana de agosto celebrarase en Cervo o Festival...

A primeira fin de semana de agosto celebrarase en Cervo o Festival Folkclórico Internacional

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos, a primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.

Así, o venres 4 terá lugar o Festival internacional que arrincará ás 19:30 horas coa participación dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro.

Xa o domingo 6 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19:00h actuarán a Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará o Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián

Caramés quixo darlle os parabéns ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, “achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”, e animou a todo o pobo a que participe e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións nacionais e internacionais, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...