As celebracións do Santiago Apóstolo na parroquia de Sargadelos, en Cervo, arrincarán o luns cunha espetada moura ás 20:00 horas, seguida dunha gran verbena amenizada pola orquestra Trébol e a Disco Móbil Conxuro
O día grande, o martes, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión; a continuación será o vermú e o “tardeo” da man de Disco Móbil Conxuro.
Serviranse racións de churrasco e chourizo no mediodía do 25 de xullo. A festa está organizada polo Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula.
O Concello de Cervo anima a participar nestas festas que se celebran dentro do conxunto histórico de Sargadelos.