InicioOccidentalCervoSemana cultural en Cervo coas Festas da Maruxaina e narrativa local

Semana cultural en Cervo coas Festas da Maruxaina e narrativa local

As Antigas Carboeiras de Sargadelos acollerán até o 8 de setembro a exposición "Muller e Poder en Roma", obra de Alfredo Erias.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de San Cibrao celebrou este pasado martes unha tarde cultural coa escritora local Irene Rega, que presentou a súa obra “A Malferida”, premio Illa Nova de Narrativa. A rexedora, Dolores García Caramés, puxo en valor o “enorme talento” da escritora, “todo un orgullo para o noso Concello, que está a levar o nome de Cervo por toda a xeografía galega a través da súa escritura”.

MARUXAINA E MEDIO AMBIENTE

A organización da Maruxaina porá a disposición do público un vaso único reutilizable que estará á venda por un euro na caseta da Maruxaina instalada na Praza dos Campos. Tamén se poderá mercar nos locais de hostalaría colaboradores coa Festa. Esta iniciativa faise por seguridade e respecto ambiental, apuntan desde o Concello.

Ademais, desde o venres 11 de agosto, a partir das 15:00 horas até as 15:00 horas do domingo 13 de agosto, por motivos de seguridade e co único fin de facilitar o bo discorrer da festa, realizaranse modificacións e restricións no tráfico rodado de San Cibrap.

En concreto estará cortado todo o acceso rodado na Avenida da Mariña, Rúas Aduana, Campos, Torno, Beiramar, Caosa, Hospital, Miramar, Anxuela, Coto e Penamea; Prazas do Lugar e Penal; e Zona do Porto de Arriba. Estes cortes terán a excepción dos vehículos con pase, de emerxencias, reparto e servizos municipais.

Desde o xoves, 10 de agosto, ás 15:00 horas, estará prohibido o estacionamento nas Rúas do Torno, Beiramar e Figueiras; e a partir das 23:30 horas, na Avda. da Mariña e o aparcadoiro fronte á Casa do Mar.

Por outra parte, este xoves terá lugar o VI Torneo Maruxaina, ás 20:00 horas, no Campo da Veiga. Un encontro no que se darán cita O C.D. San Ciprián e a U.D. Xove Lago.

EXPOSICIÓN “MULLER E PODER EN ROMA”

As Antigas Carboeiras de Sargadelos acollerán até o 8 de setembro a exposición “Muller e Poder en Roma”, obra de Alfredo Erias. Na inaguración, por parte da Administración local, participou a rexedora, Dolores Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez, e o edil de Innovación e Emprendemento, Adrián Arias.

A mostra está composta por 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo), un historiador, pintor, debuxante e gravador galego que foi director do Museo das Mariñas de Betanzos entre 1984 e 2022. Céntrase nas mulleres poderosas por excelencia do Imperio Romano: as emperatrices. E, a través da mirada de Erias e dos seus pinceis, lembrando a cor que en orixe tiñan as estatuas clásicas, estas mulleres aparecen ante nós cos ollos cheos de vida e as súas vestimentas coloridas. Son mulleres moi diversas: nalgúns casos, eran en realidade máis poderosas que o emperador, pero, noutros, sucumbiron ao ambiente tóxico do palacio. E, xunto a elas, tamén vemos, incriblemente, mulleres galaico-romanas dos arredores de Lucus Augusti que as imitaban.

Tal e como precisou Caramés, “é todo un luxo poder desfrutar da arte clásica aquí no noso concello, nesta sala que creo que é un perfecto escenario para elo”. A rexedora agradeulle ao artista “que comparta con nós o seu talento e sensibilidade coa historia”. Desde o Concello de Cervo -engadiu- “abrimos as portas unha vez máis á arte, esperando que sexan moitas as persoas que se acheguen durante este mes, a esta sala das Carboeiras, a este Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...