IniciosociedadeA 'carabela portuguesa' volve a Galicia: a súa presenza obriga a pechar...

A ‘carabela portuguesa’ volve a Galicia: a súa presenza obriga a pechar ao baño dúas praias en Cervo

O incremento da temperatura da auga trouxo este verán exemplares deste tipo de medusa, moi rechamante, a Galicia. A súa picadura é moi dolorosa e pode xerar efectos graves.

Publicada o

- Advertisement -

presenza de exemplares de carabela portuguesa obrigou este domingo a pechar ao baño dúas praias do municipio lucense de Cervo, á vez que puxo en alerta outros puntos da Mariña.

En concreto, desde o Concello de Cervo alertábase ao longo do domingo da aparición de exemplares desta medusa, cuxa picadura é moi dolorosa e pode xerar efectos graves, na Praia de Torno e na Praia de Cubelas, onde se izou a bandeira vermella para prohibir o baño.  Ao longo desta fin de semana, exemplares desta especie tamén foron localizados na Praia de Esteiro, en Ribadeo, e na Marosa, en Burela, onde o sábado ondeou a bandeira vermella.

O incremento da temperatura da auga trouxo este verán exemplares deste tipo de medusa, moi rechamante, a Galicia. En concreto, a comezos deste mes de agosto dábase a voz de alarma na zona de Vigo e O Grove pola aparición de carabela portuguesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...