Unha campaña lanzada recentemente busca apoios económicos para acometer a reconstrución das instalacións de Asteleiros Fra, en San Cibrao, que foron destruídos por un incendio a comezos do pasado mes de xullo.
Trátase dos estaleiros de ribeira máis antigos de Galicia, con máis de dous séculos de existencia e que na actualidade están xestionados por Francisco Fra Rico, a sétima xeración familiar dedicada á construción artesá de barcos.
Un incendio que, segundo os indicios solicitados podería ser provocado, destruíu por completo as instalacións do estaleiro o pasado 4 de xullo.
Ademais da elaboración de barcos, o taller tamén leva a cabo unha tarefa pedagóxica con visitas guiadas para coñecer a carpintaría de ribeira, así como a organización de cursos para perpetuar o oficio.
Ata o momento, os propietarios de Astaleiros Fra reuniron máis de 11.500 nunha primeira fase da campaña de micromecenazgo que planean estender ata mediados do mes de setembro.
Nun comunicado, agradecen a resposta recibida ata o momento e animan a que continúen as axudas “por modestas que sexan”, xa que “todas serán decisivas á hora de conseguir que siga con vida este histórico estaleiro que alguén quixo borrar do mapa”.