Éxito das sesións de ioga infantil en Cervo


As sesións de ioga infantil foron unha das actividades de máis éxito e demanda neste verán.

Foron impartidas, nos meses de xullo e agosto, pola especialista Nuria Torrado, no Pavillón da Veiga, dentro dos programas Cervo Concilia e Enredando no Verán.

As vantaxes do ioga nestas idades son fortalecer os músculos, a gañar flexibilidade e equilibrio, contribúe a mellorar  a concentración, axuda a adquirir conciencia do propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes ou estimula a súa creatividade e imaxinación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here