InicioOccidentalCervoCervo e a operadora Adamo avanzan no despregamento da fibra óptica no...

Cervo e a operadora Adamo avanzan no despregamento da fibra óptica no concello

A rexedora, Dolores García Caramés, sinalou que "o conxunto da veciñanza do noso municipio, tanto da zona rural como urbana, poderá ter unha conexión a internet adecuada aos tempos".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo e a operadora Adamo seguen a traballar intensamente para implantar a fibra óptica coa velocidade máis rápida de España (1000 Mb) en todo o termo municipal.

A administración local e esta operadora subscribiron un convenio de colaboración no que se marcan ese obxectivo, “que culminará a comezos de ano”, tal e como explicou a rexedora, Dolores García Caramés, “cando o conxunto da veciñanza do noso municipio, tanto da zona rural como urbana, poderá ter acceso a este servizo, e unha conexión a internet adecuada aos tempos que suporá un importante salto cualitativo na capacidade e na velocidade de acceso a Internet dos fogares cervenses, como servizo clave para o desenvolvemento social e empresarial da zona nun intre no que a conexión a internet é, ademais, algo esencial”.

A rexedora e o edil de Innovación, Emprendemento e Zona Rural, Adrián Arias, mantiveron un novo encontro coa responsable de zona de ADAMO, Mónica Expósito, para avaliar e analizar como está a avanzar o despregue da fibra, que comezara polos núcleos de Cervo e San Cibrao, e que xa vén de dar servizo ás parroquias de Sargadelos e San Román; e que continuará agora por outras zonas “escuras” como Trasbar, Rúa, Castelo ou A Senra “para garantir o 100% da cobertura a comezos de ano”, porque o obxectivo é que a banda longa chegue a toda a veciñanza, con especial atención á zona rural. A veciñanza que precise de máis información ao respecto pode poñerse en contacto co teléfono 601 40 86 20.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...