InicioOccidentalCervoFinaliza a última edición do Programa Cervo Conclia onde participaron case 150...

Finaliza a última edición do Programa Cervo Conclia onde participaron case 150 nenos

A rexedora, Dolores García Caramés, “é unha iniciativa xa moi consolidada e que nos identifica a Cervo cada verán coa intención de botarlles unha man ás familias na difícil tarefa de conciliar durante as vacacións escolares”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do programa Cervo Concilia, que se desenvolveu ao longo do verán e ata o inicio deste novo curso escolar, no que participaron preto de 150 pequenos e pequenas.

Unha festa da escuma puxo o broche de ouro a este intenso e divertido verán, no que un ano máis este programa volveu ocupar un lugar moi importante, xa que, tal e como apuntou a rexedora, Dolores García Caramés, “é unha iniciativa xa moi consolidada e que nos identifica a Cervo cada verán coa intención de botarlles unha man ás familias na difícil tarefa de conciliar durante as vacacións escolares”.

O programa Cervo Concilia, que todo un clásico do verán cervense, está dirixido aos rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos que puideron desfrutar de actividades ben diferentes como manualidades, teatro, ioga, kaiak, rutas de sendeirismo, inchables e actividades deportivas.

Neste senso a rexedora recordou que este programa naceu cun obxectivo fundamental “que é facilitar o día a día dos pais e nais durante esta época tan complicada como é o verán á hora de conciliar, e traballamos para dar cobertura ao 100% das familias cervenses, un obxectivo que este ano volvemos cumprir, xa que conseguimos que todos os nenos que quixeron participar tiveses acceso a este servizo de conciliación”.

Ademais, Caramés quixo ter un especial agradecemento co “marabilloso e profesional equipo humano co que contamos nesta edición”, formado por 12 monitores e numerosos voluntarios “entregados e implicados ao cento por cento” durante estes meses nos que realizaron un traballo espectacular cos nenos “que me consta que desfrutaron, aprenderon e compartiron momentos únicos e inesquecibles entre amigos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...