InicioOccidentalCervoAberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas do Concello de Cervo

Aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas do Concello de Cervo

Os cursos son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.

Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para nenos/as como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de Aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.

No caso dos cursos de natación, o prazo para anotarse, que será de maneira presencial na piscina, permanecerá aberto ata o próximo día 22 de setembro.

Tal e como sinalou a rexedora, Dolores García Caramés, “volvemos apostar firmemente, un ano máis, polo deporte como elemento imprescindible no noso día a día, xa que é un ingrediente esencial para o benestar das persoas, desde as idades máis temperás”. Desde o Concello de Cervo, neste sentido, -precisou- queremos darlle á nosa veciñanza diferentes e atractivas posibilidades para que actividade física sexa parte importante da súa rutina diaria, e traballamos por elo na elaboración dunha axenda o máis completa e diversa posible, adaptada a todas as idades”, tendo en conta tamén, que temos o privilexio de contar con instalacións deportivas de primeiro nivel, engadiu.

As inscricións poden descargase a través das seguintes ligazóns:

EDM ADULTOS:

https://drive.google.com/file/d/1QA7h6dbzNAeJz00Xg8vzfMsR_Qsix6ax/view

EDM INFANTÍS:

https://drive.google.com/file/d/1zhBTKb0GMGGrnucfJaIdB0v6OTSRxOsD/view

CURSOS NATACIÓN ADULTOS

https://drive.google.com/file/d/1RzrJOcaVG3jqUVVvKlGxDtqeUCm5IXLj/view

CURSOS NATACIÓN INFANTÍS

https://drive.google.com/file/d/1-o6HzWRSz3AHY4mZux_s8SYP2WKe1uQ5/view

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...