InicioOccidentalCervoO IV Torneo de Pádel Cervo celebrarase do 19 ao 24 de...

O IV Torneo de Pádel Cervo celebrarase do 19 ao 24 de setembro en San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo e o C.D. San Cibrao, xunto a un grupo de veciños afeccionados ao pádel, organizan o IV Torneo de Pádel Cervo que terá lugar nas pistas municipais do complexo deportivo da Veiga do 19 ao 24 de setembro, ambos incluídos.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o próximo domingo, 19 de setembro, no teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou a través da plataforma Mis Torneos Online.

Os xogadores poderán competir nas categorías masculina, iniciación masculina, feminina e mixta; ata un máximo de 16 parellas por categoría. O prezo establecido para inscribirse será de 18 euros nunha categoría e de 25 euros en dúas categorías. O premio será material deportivo e trofeos para os mellores clasificados, e haberá cadro de consolación tamén en todas as categorías.

A rexedora, Dolores García Caramés, achegouse ata o complexo deportivo, para presentar o evento xunto a varios dos organizadores do torneo, e animou a todos os afeccionados a este deporte a que participen na competición e desfruten das nosas instalacións deportivas “que foron ademais recentemente melloradas coa instalación dunhas lonas de PVC para favorecer o xogo e que non se vira condicionado por factores meteorolóxicos”, e tamén se habilitou un vestiario para as persoas usuarias.

As reservas para poder facer uso das dúas pistas de pádel municipais poden formalizarse a través da páxina https://reservas.concellodecervo.com/.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...