InicioOccidentalCervoCervo investirá 400.000 euros na renovación de vías de comunicación locais

Cervo investirá 400.000 euros na renovación de vías de comunicación locais

Dolores García Caramés puxo de manifesto “a importancia dunha xestión seria e responsable dos cartos públicos para poder dar resposta con solvencia ás necesidades que se presentan no día a día das nosas parroquias, no día a día da nosa veciñanza”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervoinvestirá nos vindeiros meses algo máis de 400.000 euros -415.957,30 euros concretamente- froito dunha modificación de crédito que foi aprobada en pleno extraordinario.

As obras serán asumidas integramente con fondos propios froito do remanente de tesourería que presentan as arcas municipais –tal e como explica a rexedora, Dolores García Caramés- quen puxo de manifesto “a importancia dunha xestión seria e responsable dos cartos públicos para poder dar resposta con solvencia ás necesidades que se presentan no día a día das nosas parroquias, no día a día da nosa veciñanza”.

A alcaldesa sinalou que son todas elas obras necesarias que queremos acometer canto antes, “por iso axilizamos ao máximo os trámites administrativos”, pero destacou o importe que se reserva para continuar co ilusionante e bonito proxecto que estamos materializando xa na Atalaia –onde xa se está a executar unha praza pública no lugar onde estaba o edificio deshabitado-; e para o que agora vimos de reservar 120.239,12 euros destinados a demoler parte da estrutura do esqueleto, “para facilitar unha integración cos volumes das edificacións lindeiras de xeito que podamos conservar parcialmente a edificación para dedicala ao Centro Arqueolóxico da Mariña”.

Outras das actuación que imos levar a cabo os vindeiros meses a cargo do Remanente de tesourería son:

  • A pavimentación da Avenida de Galicia e a Rúa Xosé María Cao en Cervo, coa execución de beirarrúas onde sexa necesario, por un importe de 212.134,78 euros.
  • O mantemento e a reparación do pavimento no camiño que vai de “Verdellas” a “Saltos” en Gondrás, por un importe de 47.892,05 euros
  • A renovación do pavimento do camiño rural “A Salgueiriña”, en Figueirido-Daián, por un valor de 35.691,35 euros.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...