InicioOccidentalCervoObradoiros de lecer en Cervo dirixidos ás crianzas de Educación Infantil

Obradoiros de lecer en Cervo dirixidos ás crianzas de Educación Infantil

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.

Os pequenos desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile e cinema. “E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos!”. As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura.

Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de 10:00 a 11:30 horas (de 1º a 3º de primaria); e de 11:30 a 13:00 horas (de 4º a 6º de primaria). 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...