InicioOccidentalCervo'Sanci Tapeando' volve aos locais de San Cibrao para todos os xoves

‘Sanci Tapeando’ volve aos locais de San Cibrao para todos os xoves

Publicada o

- Advertisement -

Este próximo xoves, 19 de outubro, volve o Sanci Tapeando á hostalería de San Cibrao, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita gastronómica, na que participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e a Pizzería O Trasgo, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta.

Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.

Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.

As propostas para este xoves, 19 de outubro, son as seguintes:

• Pizzería O Trasgo: taquiños de pito

• Terraza O Noso Lar: hamburguesa de tenreira con cebola caramelizada e queixo San Simón

• Bar O Faro: torrada de chacina “Faro”

• Cervecería Las Titas: torresmo de Soria con ovo e patacas fritas

• Cafetería Aquelarre: espetada moura

• A Bodega de Ana: salpicón

Para máis información e para facer un seguimento das tapas que se servirán cada semana está tamén habilitada a conta de facebook Sanci Tapeando.

O Concello de Cervo anima á veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do Sanci Tapeando que é unha boa mostra da calidade culinaria da hostalería do noso municipio.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...