InicioOccidentalCervoO programa Erasmus+ será presentado na sala municipal das Carboeiras en Cervo

O programa Erasmus+ será presentado na sala municipal das Carboeiras en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

A sala de exposición das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acollerá mañá xoves, a partir das 12:30 horas, o acto de difusión do programa Erasmus +, unha experiencia que compartiron o pasado mes de xullo persoas usuarias da asociación Saúde Mental A Mariña e alumnado do IES Monte Castelo de Burela, que participaron neste programa integrador que nesta ocasión se desenvolveu en Italia e tivo como duración unha semana.

No acto, no que participarán a rexedora, Dolores García Caramés, a Directora Técnica Xeral e o Presidente de Saúde Mental A Mariña, María José Nóvoa e Jorge Manchado, respectivamente, o coordinador dos programas Erasmus, Marcelino Luna, a directora do Ies Monte Castelo, María del Carmen Naveira, ou o xefe territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Javier Vázquez Nodal, entre outros asistentes, terán un protagonismo absoluto, sen dúbida, os mozos e mozas que participaron na experiencia Erasmus + como son Damián, Rebeca, Alin, Jorge, Ángela e Candela que desfrutaron desta viaxe xuntos, co apoio do Concello de Cervo, entendendo que é unha oportunidade única para ampliar fronteiras e contribuír ao seu crecemento persoal.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...