InicioOccidentalCervoCervo abre o prazo para solicitar axudas destinadas á compra de libros...

Cervo abre o prazo para solicitar axudas destinadas á compra de libros e material escolar

Por outra parte, o Conxunto Histórico de Sargadelos foi o lugar para a difusión do programa Erasmus+.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros e material escolar para as familias do alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos dous centros do municipio nos que se imparte este ciclo educativo, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo. A convocatoria permanecerá aberta ata o 9 de novembro –incluído-.

Cada impreso de solicitude deberá ir acompañado das fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, unha fotocopia do libro de familia, certificado do nivel de renda e factura da compra ou orzamento do material adquirido nun establecemento comercial do municipio. A documentación ten que presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Os impresos e as bases están dispoñibles na Casa da Cultura e no Concello de Cervo e tamén no taboleiro de anuncios da páxina web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/.

Toda a información está tamén dispoñible no BOP con data do 19 de outubro de 2023.

https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/18-10-2023.pdf#page=19

PRESENTACIÓN DO ERASMUS+

A sala de exposición das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acolleu este mediodía o acto de difusión do programa Erasmus +, unha experiencia que compartiron o pasado mes de xullo persoas usuarias da asociación Saúde Mental A Mariña e alumnado do IES Monte Castelo de Burela, que participaron neste programa integrador que nesta ocasión se desenvolveu en Italia e tivo como duración unha semana.

No acto, no que participaron a rexedora, Dolores García Caramés, a Directora Técnica Xeral e o Presidente de Saúde Mental A Mariña, María José Nóvoa e Jorge Manchado, respectivamente, o coordinador dos programas Erasmus, Marcelino Luna, a directora do Ies Monte Castelo, María del Carmen Naveira, ou o xefe territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Javier Vázquez Nodal, entre outros asistentes, tiveron un protagonismo absoluto, sen dúbida, os mozos e mozas que participaron na experiencia Erasmus + como son Damián, Rebeca, Alin, Jorge, Ángela e Candela que desfrutaron desta viaxe xuntos/as, co apoio do Concello de Cervo, entendendo que é unha oportunidade única para ampliar fronteiras e contribuír ao seu crecemento persoal.

Na súa intervención a rexedora precisou que “é un auténtico orgullo para o Concello de Cervo poder acoller hoxe este bonito encontro co obxectivo de dar a coñecer esta experiencia Erasmus +, que me consta que foi moi enriquecedora para todas as persoas, usuarios da asociación Sáude Mental A Mariña e alumnado do IES Monte Castelo de Burela, que compartiron esta viaxe a Italia o pasado mes de xullo”.

Desde o Concello de Cervo –engadiu- “estamos sempre á vosa disposición para aportar o noso grao de area para que estes proxectos tan bonitos se poidan materializar, porque son unha oportunidade única para que os rapaces amplíen fronteiras e que son tamén moi importantes para o seu desenvolvemento persoal”.

García Caramés puxo en valor “a colaboración institucional que permitiu xuntar neste proxecto a excelencia educativa, coa excelencia asistencial e terapéutica en prol das persoas con doenzas de saúde mental” e da súa integración real na comunidade, o que é un tándem perfecto.

A rexedora rematou a súa intervención dándolle os parabéns a todos os axentes implicados no proxecto, “que estou segura que terá moito futuro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...