A rexedora de Cervo, Dolores García Caramés, recibiu a V de Veciño Exemplar durante a celebración da XXI edición do Día do Veciño que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’.
Uns premios que recoñecen o labor daquelas persoas que destacan polo seu compromiso coa dinamización dos nosos territorios e a súa colaboración co movemento veciñal.
A alcaldesa quixo amosar o seu agradecemento á Federación por pensar nela para este galardón tan especial que quixo compartir con todos os cervenses. Así mesmo, tamén trasladou os parabéns á organización por este encontro veciñal que cada ano reúne a milleiros de persoas e “que é toda unha homenaxe ao importante papel altruísta que desempeñan as asociacións de veciños en prol do desenvolvemento de cada recuncho da nosa provincia!”.