InicioOccidentalCervoO Museo do Mar de San Cibrao acolle a proxección do documental...

O Museo do Mar de San Cibrao acolle a proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”

Trátase dun novo pase do audio visual dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga, co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo, que financia un ciclo de proxeccións en doce localidades.

Publicada o

- Advertisement -

O Museo do Mar de San Cibrao acolle mañá sábado (18:30 horas) a proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”,  sobre a mobilización social contra o proxecto de construción dunha central nuclear en Regodela, en Xove,  nos anos setenta.

Trátase dun novo pase do audio visual dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga, co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo, que financia un ciclo de proxeccións en doce localidades.

O documental, que contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo na producíon e gravación, recolle testemuñas das historias vividas na Mariña despois de que en novembro de 1973 se fixera público, a través dos medios de comunicación,  o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove por parte de Fenosa.

Os acontecementos son contados por quince persoas que participaron e foron testemuñas da mobilización social contra a planta nuclear. Os testemuños de veciñas e veciños, persoas afiliadas de Comisións Labregas e  outras organizacións nacionalistas, xornalistas,  historiadores e representantes políticos naquel periodo – na etapa final da ditadura franquista-  fían o documental, ao que pon voz a xornalista lucense Lourdes Abuíde.

O documental  forma parte do proxecto a nivel estatal ‘Democracia Nuclear’, que recupera as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...