InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo programará diferentes actos para o 25N

O Concello de Cervo programará diferentes actos para o 25N

No programa colaboran tamén a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), Airiños do Xunco, o CEIP de Cervo, e o CEIP Península da Paz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programa, xunto coa asociación Saúde Mental A Mariña, diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

No programa colaboran tamén a asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), Airiños do Xunco, o CEIP de Cervo, e o CEIP Península da Paz.

Así, o venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, está prevista un concentración na Praza Nardo Martínez “pola igualdade e en contra da violencia de xénero” na que se gardará un minuto de silencio en recordo das vítimas, con lectura de manifesto a cargo dun representante do alumnado do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, e tamén da asoc. Saúde Mental A Mariña.

A continuación, ás 12:30 horas, o grupo de teatro A Mariña, representará no auditorio da Casa da Cultura a obra “Duelo ao Amencer” dentro do circuíto de teatro afeccionado 2023.

O sábado 25 de novembro, as Escolas Vellas de Cervo acollerán, coa colaboración da asoc. Airiños do Xunco, a actividade para toda a familia que leva por título Os contos do avó: mulleres galegas. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura, terá lugar o espectáculo de Mere Clown, Circo na Casa.

Ademais, Miguel Ángel Rojo Darriba impartirá uns talleres de defensa persoal, os días 28 e 30 de novembro, no edificio dos xulgados en Cervo e na Casa da Cultura en San Cibrao, respectivamente, ás 20:30 horas. As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura.

O Concello de Cervo convida a participar nas diferentes iniciativas programadas “pola igualdade e en contra da violencia de xénero”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...