InicioOccidentalCervo'Cervo Concilia' abre as súas portas polo Nadal do 22 de decembro...

‘Cervo Concilia’ abre as súas portas polo Nadal do 22 de decembro até o 5 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o venres 22 de decembro.

Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.

Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 15 de decembro e as prazas son limitadas.

Tal e como apunta a rexedora, Dolores García Caramés: “cremos que este programa supón un apoio moi grande ás familias, permitindo tanto a pais como a nais conciliar a vida familiar e laboral nestas datas. Ademais, dotamos ás crianzas dunha gran variedade de actividades multidisciplinares nas que poder entreterse e aprender”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...