Bo día, adxuntamos a axenda lúdico-cultural prevista para esta ponte de decembro no Concello de Cervo:
– Xoves, 7 de decembro, elaboración do Belén de Plastilina, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, e ás 18:00 horas na Casa do Concello.
– Venres, 8 de decembro, ás 17:30 horas, “Cirkote, espectáculo de malabares” nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración de Airiños do Xunco. Pola tarde, ás 19:00 horas, inauguración da mostra fotográfica “Azores Somerxida” obra de Anxo Cao no auditorio da Casa da Cultura, cunha charla do propio autor na que explicará o transfondo desta exposición froito de moitos meses de traballo no mar nas Illas Azores.
– Sábado, 9 de decembro, ás 19:00 horas, “Contos de Contrabando” de Avelino González, no auditorio da Casa da Cultura.