InicioOccidentalCervoExposición fotográfica na Casa da Cultura de Cervo

Exposición fotográfica na Casa da Cultura de Cervo

Publicada o

- Advertisement -

“Azores somerxida” é o título desta colección inaugurada esta fin de semana composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por Anxo Cao, biólogo e fotógrafo, veciño do noso Concello.

A rexedora, Dolores García Caramés, deulle os parabéns ao Anxo Cao por este incrible traballo  concibido durante moitos meses no mar, nos que conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio e tamén quixo agradecerlle a súa xenerosidade “por compartir con nós a súa paixón”.

A alcaldesa animou a toda a veciñanza e visitantes a que se acheguen a ver a mostra durante este Nadal.

Poderase visitar até o 8 de xaneiro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...