InicioOccidentalCervoCervo inviste 150.000 euros no abastecemento de auga en Trasbar

Cervo inviste 150.000 euros no abastecemento de auga en Trasbar

A alcaldesa puxo de manifesto que estas inversións “elevan o nivel de calidade de vida da veciñanza e poden servir de incentivo para moitas persoas que podan ter pensado establecerse nas zonas rurais do noso municipio”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo está a executar estes días traballos de ampliación da rede de abastecemento de auga no Burgo de Trasbar. A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, desprazáronse ata a zona para supervisar in situ a actuación que supón un orzamento de preto de 150.000 euros -148.233,39 concretamente- froito dun convenio subscrito con Sogama.


Tal e como explicou a alcaldesa “levamos xa moito tempo traballando para achegar o sistema público de abastecemento de auga a Trasbar, un proceso complexo e que require de varias fases, das cales xa foron executadas nestes últimos anos dúas, o tramo que vai desde a Senra ata a Igrexa de Castelo, e desde a mesma Igrexa ata a mesma entrada do Burgo”.


Caramés apuntou que se trata dunha obra fundamental, para a que destinamos unha importante contía de diñeiro público “porque entendemos que a posta en marcha desta prestación é unha prioridade para que a veciñanza desta zona poida acceder a este servizo público en condicións de calidade e seguridade”.


A alcaldesa puxo de manifesto que estas inversións “elevan o nivel de calidade de vida da veciñanza e poden servir de incentivo para moitas persoas que podan ter pensado establecerse nas zonas rurais do noso municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...