InicioOccidentalCervoCervo entrega as axudas ao transporte para alumnos que estudan fóra do...

Cervo entrega as axudas ao transporte para alumnos que estudan fóra do concello

Nesta ocasión foron 27 os estudantes que recibiron un cheque de 150 ou 250 euros, en función da renda familiar.

Publicada o

- Advertisement -

A rexedora, Dolores García Caramés, e a concelleira de Educación, Pilar Armada, veñen de facer efectiva a entrega das axudas para transporte dirixidas ao alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal; sempre que se trate de formación ou titulacións que non se impartan en ningún centro do Concello.

Nesta ocasión foron 29 os estudantes que recibiron un cheque de 150 ou 250 euros, en función da renda familiar.

Tal e como explicou a alcaldesa “é unha axuda financiada integramente con fondos propios procedentes das arcas municipais, co obxectivo de botarlle unha man á mocidade cervense e ás súas familias nesta etapa educativa”.

Caramés apuntou, así mesmo, que “somos conscientes do gran esforzo económico que supón para moitas familias afrontar a educación dos seus fillos por iso temos activas desde hai moitos anos este tipo de axudas”.

Entre os requisitos, por exemplo, téñense en conta os ingresos económicos da unidade familiar, que debe estar empadroada no Concello de Cervo; e o alumnado debe ser menor de 30 anos.

Ademais ten que cursar algunha destas titulacións fóra do municipio: ensinanzas universitarias, estudos musicais en conservatorios e escolas de música, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo), ou calquera das seguintes ensinanzas en grao medio ou superior, como son FP, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ou deportivas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...