- Advertisement -
En San Cibrao, a saída da Cabalgata está prevista para as 18:00 horas desde o Pavilllón da Veiga; con posterior recepción no auditorio da Casa da Cultura. Coa colaboración da ANPA do Ceip Península da Paz e da Asoc. Mulleres de San Ciprián.
En Cervo a saída da comitiva real está prevista para as 19:30 horas, desde as Escolas Vellas, e a recepción será na carpa instalada na Praza do Souto, onde tamén haberá un Belén Vivente, da man da asociación Airiños do Xunco.
Tamén haberá durante esa tarde de venres chocolate con biscoito da man da Comisión de Festas de Lieiro na carpa da Praza dos Campos.