InicioEconomíaO comité de Alcoa San Cibrao pide "calma" para o rearranque e...

O comité de Alcoa San Cibrao pide “calma” para o rearranque e prevé que 32 cubas funcionen a finais de marzo

Pide "non meter presión" aos diferentes departamentos para un rearranque que "é moi complicado"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, pediu “calma” para o proceso de rearranque da planta de aluminio, á vez que destaca que se traballa co cumprimento de “fitos” e prevese cumprir o obxectivo de que 32 cubas estean en funcionamento a finais de marzo.

En declaracións este martes, Zan explica que o pasado luns tiveron unha reunión interna coa empresa respecto dos traballos de rearranque. Informouse de que en decembro de 2023 había preparadas catro cubas coas que se iniciaría ese rearranque, para o que “fai falta unha serie de fitos moi longos”.

Zan pon de exemplo que “o día no que se mete tensión ou se fai o primeiro fito non é importante”, remarca que a cuba 104 recibiu xa baño líquido este martes. “Pero todos estes fitos levan un tempo e un proceso, non é tan fácil facer un fito e que todo salga ben, seguramente haberá moitos problemas, moitos erros”, apunta.

Remarca é que o 31 de marzo “van estar 32 cubas rearrancadas”, polo que se traballa con “uns tempos que dan un colchón que se houbese algún problema gordo poder asimilalo e aínda así cumprir co 31 de marzo”, “a única data importante”, aínda que cre que esas cubas “seguramente” poidan estar a funcionar antes.

Pide “non meter presión” aos diferentes departamentos para un rearranque que “é moi complicado” e “fai falta calma e tranquilidade no proceso”. Resalta que saíu ” moi ben” este martes “o traballo que se fixo entre fundición e electrolisis no quentado dese baño no que se meteu líquido dentro da cuba”.

“Agora hai que esperar que sigan producindo os fitos, que hai que gardar uns tempos de quecemento das cubas antes de poder meterlle calefacción e electricidade para que comece con esa tensión a funcionar”. Espera que 32 cubas estean a funcionar antes do 31 de marzo “en perfecto estado de revista”.

O pasado 2 de xaneiro, Alcoa informou de que o proceso de rearranque das cubas da planta de aluminio de San Cibrao “está en marcha” desde o inicio deste 2024 “conforme ao plan previsto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...