InicioOccidentalCervoCervo chama a asistir á Festa da Candelaria na parroquia de Rúa

Cervo chama a asistir á Festa da Candelaria na parroquia de Rúa

Publicada o

- Advertisement -

A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria a próxima fin de semana, os días 2, 3 e 4 de febreiro. A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e polos membros da Comisión de Festas.

A programación arrinca o venres, Día da Patroa, cunha misa solemne dan man do coro de Cervo ás 12:30 horas seguida dunha sesión vermú a cargo do Grupo “La Bamba”.

Como novidade, ese mesmo día, a partir das 21:00 horas, celebrarán a I Festa dos Callos, a un prezo de 15 euros por persoa, nunha carpa pechada e climatizada para a ocasión. Os tickets poñeranse á venda ese mesmo día na propia carpa.

O Grupo La Bamba, a orquestra Marbella e o DJ Litainer -para rematar-, serán os encargados de amenizar a velada.

O sábado, volverá haber misa ás 12:30 horas cantada polo coro de Cervo, seguida da sesión vermú da man do dúo “La hora bruja”; á noitiña serán as orquestras Finisterre e Fania Blanco Show, as que animarán a Festa.

Xa o domingo, a misa solemne será ás 13:00 horas, cunha sesión vermú prolongada da man do grupo Fénix.

Dende o Concello de Cervo convidan a todos os veciños da parroquia e do municipio á festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga durante toda a fin de semana, cun programa repleto de actos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...