InicioEconomíaA Xunta leva concedidos unha decena de permisos de construción de parques...

A Xunta leva concedidos unha decena de permisos de construción de parques eólicos para Alcoa San Cibrao

O presidente do comité di ao PSOE que "debe de aclararse" e pide ao Estado que licite parques pendentes "antes de que acabe a campaña"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao mantivo unha reunión en Santiago este venres con técnicos da Xunta en relación co estado de tramitación de parques eólicos. Ao termo do encontro, os representantes dos traballadores informaron de que o Goberno galego comunicoulles que leva concedidos unha decena de permisos de construción de parques para dotar de enerxía ao complexo da Mariña.

Segundo indica o comité nun comunicado, en relación cos parques dependentes da Xunta, hai tres de Endesa (suman 86 megawatts) con permiso de construción. Ademais, dos 11 parques de Greenalia, hai sete con permiso de construción e outro tres terano “proximamente”, mentres un destes 11 está pendente da declaración de impacto ambiental, a cal “está moi avanzada”.

Respecto dos partes dependentes do Estado, segundo a información que traslada o comité polo que lles comunican estes técnicos, cinco parques de Greenalia (de máis de 400 megawatts) foron “emitidos catro días fóra de prazo por Transición Ecolóxica”. Ademais, hai cinco parques de Endesa (suman 450 megawatts) levan con permiso sen outorgar por Transición Ecolóxica desde o 12 de xaneiro de 2023, sinalan no comunicado. Pola súa banda, nun comunicado, o Goberno galego defende que remitiu en prazo todos os informes sectoriais por parte dos organismos da Xunta nos parques de tramitación estatal.

ZAN: “ROGO Ao PSOE QUE LICITE ESES PARQUES”

Respecto diso, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, criticou a diferente actitude entre ministerios no Goberno central. “O Ministerio de Industria apóianos totalmente, pero o de Transición Ecolóxica deixa moito que desexar”, reprocha. “Levamos máis dun ano esperando a enerxía de Endesa e dos seus parques grandes que ten que dar a concesión administrativamente”, lamenta, o que contrasta co traballo “máis áxil” da Xunta.

En declaracións, censurou ao Estado que “por catro días deixaron caer” os parques de Greenalia. Parécelle “incrible” que “pasen de nós”, xa que desta enerxía dependen “miles de postos de traballo”. Recrimina ao Goberno central que no seu día tiveron que sacar un decreto para emendar unha “cagada como un piano” e “agora resulta que non sacan os nós de conexión”.

E é que cre que “o PSOE debe de aclararse” que “diga se queren industria ou non, porque non poden ter un ministerio loitando pola continuidade das fábricas e outro que as afoga”, no que tacha de “desprezo a toda a comarca”.

“Rogo e pido ao Partido Socialista que liciten eses parques, que saquen eses nós de conexión antes de que acabe a campaña para demostrarnos a todos que apoian á fábrica e que apoian á industria electrointensiva e do aluminio”.

Sobre as axudas de compensación de emisións de CO2, comité e Xunta coinciden en que o Estado pode elevar as axudas dos 300 millóns anunciados ata 896 millóns. “Falta unha burrada de millóns por outorgar”, reprocha Zan, polo que a industria electrointensiva “perde competitividade co resto”.

Respecto da ampliación da balsa de lodos, o comité indica que Alcoa está “pendente de enviar a saúde pública a caracterización do barro, que enviará antes do 7 de febreiro, este novo informe que solicitan é debido a que o proxecto de recrecido é de diferente construción”.

PROCESO DE REARRANQUE

Pola súa banda, Alcoa informa de que “o desenvolvemento das tarefas de rearranque das cubas produciuse segundo o previsto” esta semana e “sen ningunha incidencia destacable”. Actualmente, un equipo chegado de Canadá traballa no proceso de rearranque de catro cubas, dúas das cales xa están conectadas á corrente eléctrica. Hai outras dúas que serán conectadas á corrente nos próximos días.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...