- Advertisement -
O Concello de Cervo comezou a impartir este luns unha serie de obradoiros infantís na Casa da Cultura, que esta semana xirarán en torno á temática de Entroido. As crianzas desfrutaron dunha tarde de manualidades elaborando máscaras Picasso.
Os talleres terán lugar os luns, mércores e venres en horario de 17:00 a 18:30 horas. O mércores está previsto que elaboren máscaras de cigarrón e o venres farán un divertido photocall de Entroido.
Os talleres están dirixidos ás crianzas de 6 a 12 anos, e os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura.