InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo convoca unha nova edición do certame Amor na...

O Concello de Cervo convoca unha nova edición do certame Amor na Rede

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, convoca un ano máis con motivo do Día dos Namorados o tradicional certame de amor na rede que xa vai pola X edición.

Todos aqueles interesados poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.

O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o luns 12 de febreiro. Poderán enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou a través do Whatsapp 683 31 59 39.

Os orixinais serán publicados o mércores 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Aqueles que teñan máis “gústame” ata as 22:00 horas dese día serán os gañadores na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

Os gañadores publicaranse o venres 16 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo. Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo. Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...