O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Día de Rosalía. A partir do mediodía haberá unha degustación do caldo de gloria e, ás 17h, as coordinadoras Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias, un ensaio onde se reflexiona sobre a maternidade bisexual e non monógama, as amizades, o meta-amor, a convivencia interxeracional, as construcións sociais, a relación entre a monogamia e o capitalismo, ou o poliamor transfeminista. Para finalizar o acto, convidarase a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da AELG.
- Advertisement -