InicioEconomíaAvilés e A Coruña respaldan con máis do 90% dos votos o...

Avilés e A Coruña respaldan con máis do 90% dos votos o preacordo entre Alcoa e sindicatos

Os obreiros de San Cibrao deberán decidir sobre un pacto que inclúe ata 106 prexubilacións na planta cervense

Publicada o

- Advertisement -

O 91,41% do cadro de persoal da planta de Alcoa en Avilés -312 traballadores con dereito a voto- e o 90,54% dos da Coruña -onde votaron 349- apoiaron o preacordo pechado entre os sindicatos e a multinacional do aluminio a pasada semana.

A participación na fábrica de San Balandrán foi do 93,27%, mentres que na da Grela foi do 91,12%.

O preacordo alcanzado cos sindicatos, excepto a CIG que non asinou, inclúe prexubilacións ou reubicacións a 355 empregados dun total de 623 traballadores indefinidos, máis do 50% do persoal das plantas de Avilés e A Coruña, segundo indicou a compañía.

Ademais, recolle o mantemento da actividade das fundicións das dúas plantas e da torre de pasta da Coruña e a continuidade ata o 30 de xuño de 205 empregos, 114 na Coruña e 91 en Avilés.

Por outra banda, Alcoa asume o custo de rearrancar as cubas de electrolise, das que se procederá a unha parada da actividade de forma ordenada, por un máximo de 40 millóns de euros, 20 por planta, se se concreta unha oferta de compra antes do 30 de xuño.

SAN CIBRAO

O preacordo inclúe prexubilacións, ata 106, na planta de San Cibrao, a fin de deixar vacantes para que entren na fábrica traballadores da Coruña e Avilés.

Poderán adherirse os traballadores de 57 anos ou máis ao 31 de decembro de 2018, cun complemento que, sumado á prestación por desemprego, alcance as porcentaxes seguintes: de 57 a 59 anos, o 74% do salario anual bruto ata os 64 anos, e de 60 ata 65 anos, o 78% salario anual bruto ata os 65 anos.

Os obreiros de San Cibrao, que se mostraron críticos ao entender que o pacto supón “pechar a porta a 106 ETTs e eventuais cuxos contratos de relevo negociamos no convenio“, decidirán se aceptan a proposta.

CONCENTRACIÓN O XOVES NA CORUÑA

Os traballadores da Coruña convocaron unha concentración para o vindeiro xoves, 24 de xaneiro, ás 18.00 diante da Delegación do Goberno en Galicia.

Ademais, o comité de empresa informou de que haberá concentracións ante as autoridades portuarias en Vigo e en Vilagarcía de Arousa o 2 de febreiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...