InicioEconomíaA Xunta trasladará aos partidos unha proposta de medidas para abaratar a...

A Xunta trasladará aos partidos unha proposta de medidas para abaratar a luz ás electrointensivas

Segundo anunciou Feijóo, as alternativas irán encamiñadas a garantir un prezo da enerxía "entre os 35 e os 40 euros/MW" para empresas como Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este martes que o Goberno autonómico dará traslado aos partidos do Estado dunha proposta de medidas para garantir un prezo competitivo da enerxía ás industrias electrointensivas como Alcoa.

Estas medidas, precisou, serán concretadas polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, “nas próximas horas”, co obxectivo de que a industria galega poida dar pasos adiante.

Durante unha visita ás instalacións de Aluminios Cortizo e “ante a falla de resposta do Goberno central, que segue sen presentar un estatuto dos consumidores electrointensivos para garantir un prezo da luz competitivo”, Feijóo incidiu en que Alcoa “non pode competir en igualdade de condicións” co resto da industria europea por culpa dun “custo eléctrico elevado”.

Na súa visita a Padrón, Feijóo incidiu en que España necesita ter unha compañía que produza aluminio primario e referiuse á situación de Alcoa. “Necesita algo tan elemental como un prezo de enerxía competitivo, xa que subiu un 50 por cento con respecto a 2017“, esgrimiu o presidente da Xunta.

Por iso, avanzou que, en breve, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, exporá unha batería de medidas que garantan que o prezo da luz se sitúe nos parámetros previos a 2018. En concreto, a Xunta alude á necesidade de situarse na contorna de entre 35-40 euros/MW, mentres que agora rolda os 50 euros/MW.

O ALUMINIO EN GALICIA SUPÓN 4.000 EMPREGOS

Ao longo da súa intervención, Feijóo reiterou a necesidade de que as administracións traballen para eliminar trabas e actúen con axilidade para deixar medrar ás empresas e apoiar as súas aspiracións para innovar. Ao respecto, recordou que o sector do aluminio é clave en Galicia con preto de 4.000 empregos.

CONCENTRACIÓN O XOVES

O vindeiro xoves, 24 de outubro, Burela acollerá (Praza do Concello, 20.30 horas) unha nova concentración para reclamar un abaratamento da enerxía eléctrica para as industrias electrointensivas como Alcoa. A multinacional ve “inviable” a fábrica de aluminio de San Cibrao sen un prezo da luz máis barato.

O anuncio de Alcoa de que nos próximos cinco anos realizará un plan de axuste que inclúe a posibilidade de peches de plantas e da redución da produción noutras instalacións aumentou a preocupación entre o persoal e tamén na Mariña Lucense, onde o complexo industrial de Cervo supón case 2.000 empregos entre directos e indirectos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...